Agosto 2022

1ª FIN DE SEMANA DE AGOSTO

Esta primeira fin de semana, o domingo 7 de agosto hai asamblea xeral de veciños para saber si haberá continuidade da CMVMC da parroquia.

Por outra banda a presentación da segunda edición do poemario De Visu, de Juan Labaredas presentado en Proendos, Sober foi toda unha experiencia cultural no rural.

Saber máis.


 
libreria anuncio
protagonistas do evento

Sobre o evento

A experiencia de presentar ao aire libre nunha praciña unha obra cultural resultou ser unha agradable experiencia.
Ler máis
papeleria na libraría pelayo

APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA

Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2022-2023.
Os mellores prezos Online.
MERCAR

Segue a calor

Remataba o domingo 31 o  mes de xullo e dende Piño puidemos ver as lapas dun novo incendio ven preto de nós, cara a Veneira.
Comezou o mes de agosto con temperaturas moi altas e xa o luns tivemos os primeiros cortes de auga no suministro. A seca déixase sentir.
De momento xa viñeron varias familias de veraneantes tamén á nosa parroquia o que fai que a nosa aldea fique menos despoboada que o resto do ano. O barrete de Suhortos está cheo e por outros lados empezan a verse tamén movemento. 
Aproveito esta entrada para convidarvos persoalmente a asistir o próximo venres 5 a presentación dun poemario editado por Peruchela Edicións no lugar de Proendos, Sober.
Neste mes de agosto imos estrear un novo. "As Cinzas do Mercer". Xa vos irei informando.

Evento Peruchela Edicións

A Libraría da Proencia, xunto con Peruchela Edicións, presenta o poemario de Juan Labaredas, De Visu, o vindeiro venres, 5 de agosto, en Francos de Proendos.
A localización elixida será un espazo da aldea de Francos, na parroquia de Proendos, grazas á colaboración veciñal, a carón de vivendas particulares, cerca dunha fonte do lugar.
O acto terá lugar ás 20:30 horas, con presentación do autor, lectura de poemas, proxección de fotografías de Francos de Proendos – actuais e antigas – e un remate cun viño e pinchos.
Facer esta presentación en Francos de Proendos, unha pequena aldea do Concello de Sober, ten de especial que é o lugar da infancia de Juan Labaredas, nado aquí en 1968 aínda que a súa vida transcorreu en Monforte e Quiroga.
De Visu é o primeiro poemario de Juan Labaredas, editado en 2021 por Peruchela Edicións.
En palabras do autor, De Visu, Ese Enigma Inalcanzable, recolle “a realidade a ollos vista, unha realidade cotiá, convertíndose en inspiración, na esencia mesma que deriva dunha forma resultante de pensamentos, vivencias e sensacións; todas ellas relacionadas infinitamente”.
Coma toda poesía, pode dicirnos moito de nós mesmos e busca precisamente esa reflexión, na que a persoa lectora ten a última palabra.
Así, neste encontro poético con Juan Labaredas tamén afondaremos na relación da obra coa infancia e o territorio.
Este libro é un conxunto de “instantes apresados” que queremos debullar nun entorno tan familar e próximo para o autor e compartindo coa propia comunidade da aldea, “nunha terra familiar e húmida feliz cun soño constante de piedade e tenrura”.
Animamos a asistir a este encontro de vida e poesía.
Para chegar ata o lugar, enviarase ubicación; tamén se divulgará información de aparcadoiro. Calquera dúbida: 674473695
2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 223 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.