Situada no Quintairo, hai datos que apuntan que antigamente pertenceu ao Clero.
Fai máis de 150 anos compráronna os da casa de Barroso e viviron nela ata que mercaron a antiga casa  Eirexa coa propiedade, nela  construiron a actual casa Barroso   e esta casa  usouse de graneiro e  de  cuadras de animais no século XX. 
No 2019 vendeuse e acondicionouse. Esta reforma fixo desaparecer unha das últimas lareiras da nosa parroquia.
 
				 
             
             
            