Casa da Cuturra
Para saber máis dos membros desta casa pincha no ligazón Casa da Cuturra
Lembranzas miñas
Coñecín o Pedro da Cuturra dende ben pequena.
Cando veu a Piño có seu fillo Esteban, eu apenas tiña dez anos e a miña irmá unha ducia. Chamáranos moito a atención, era un rapaz con melena loira e unha apariencia moi mística.
Foi un dia inesquecible para nós, coñecémolo e compartimos momentos que perdurarán mentres vivamos.
As cousas da vida fan que te volvas a atopar coa xente e có tempo descubres, cousas.. moitas cousas.
Pedro e a súa dona finaron, sempre os levarei no me corazón.
Campodrón, Girona, é o lugar onde eles tiveron o seu fogar. Cando fun a visitalos ala polos noventa, sorprendinme da semellanza daquelo con isto.
Si cadra ata me pareceu máis fermoso. Esteban tiña vacas e grandes prados, a súa casa era como as nosas, as da aldea...
Os Da Nesa mercáronlle a casa vella da Cuturra e na actualidade o espazo que abranguía forma parte dela.
Din as linguas que meu Bisavó o Perfeuto, logo de perder aos seus fillos e mulleres de tuberculose, anduvo en amorios con esta señora da que seica nunca faltou que falar.