Casa do Manueliño

Na actualidade 2025, coméntase que  se vendeu e que ten novos donos. 

A primeiros do século XXI  un matrimonio mercouna e arranxouna moi ben, incluíndolle un ximnasio e unha piscina. Fai menos dun lustro o matrimonio separouse e estivo a venda ata este ano.

Un pouco de historia da casa:

O Manueliño viñera de Cuba cando o seu irmán que estaba casado con Anuncia, faleceu dunha  enfermidade sen chegar a coñecer ao seu fillo Manuel que estaba por nacer.  Foi entón cando ocupou o posto de seu irmán como novo esposo de Anuncia e con ela tivo varios fillos. 

Construíu a actual casa, de terra, con tapiales,   e viviu coa súa dona ata ben maiores. Despois marcharon cos fillos para Barcelona. Un deses fillos Modesto, casado cunha de Fornelas,  foi o que veu a vender a propiedade. Outra filla, Luisa casara cun dos de Rei.

O Manuel, fillo do seu irmán e de Anuncia casou con Amable da casa Carballal e tiveron un fillo, Carlos, que son os donos da actual casa dos Plata.