Das ramas dos Plata saíron ao menos as seguintes casas:
Casa do Ricardo, comprada por Pepe da Flora, actual casa da Yolanda
Casa de Carpinteiro, a Visita, o seu pai era dos Plata.
Casa de Xan María, a mai do Pepe era dos Plata.
Casa de Benjamín, a Emilia era dos Plata.
Casa Benigno, el era dos Plata.
Peruchela, Perucho era dos Plata (actual bodega do Requeixo e tamén a casa que comprou a Maruja de Leandro ao Pepe da Flora).
Marcial era Plata.
Casa de Carballal, María era dos Plata, mai de Ricardo, Antonio, Amable, Carlos, Dolores...
Na actualidade Amable de Carballal casada con Manolo de Manueliño, pais de Carlos, arranxaron unha antiga casa en Suhortos e recuperaron o nome da casa dos Plata.