Marzo 2015
Esta semana, o luns 9 e o martes 10, e hoxe, mércores 11 de marzo, uns veciños voluntarios remataron de botar o formigón no camiño que vai dende o Barrete de Tres ata o Fontao, conectando así coa estrada xeral. Agora queda un bo paseo para facer a pé ou en bicicleta. O formigón foi proporcionado polo Concello, e a man de obra foi veciñal.
No caso da fosa aséptica, deixáronse as tapas libres para facilitar o mantemento que require, por parte da empresa designada polo Concello para este fin. Foi un traballo arduo, xa que, ao estar a depuradora aquí, non se puido entrar coa formigoneira e houbo que transportalo en remolque cun tractor e botalo manualmente.
Supoño que, se digo que levamos uns días sen parar de orballar, os coñecedores do noso clima non se sorprenderán. Din que nun par de días virá o bo tempo –fai falla–, a ver se seca a terra e podemos sementar as patacas e o demais.
Novedades en Piño, moi poucas, xa que cada vez somos menos e hai pouco que contar. Da mágoa saber como era Piño non fai tantos anos e coñecer o irremediable destino que para estas terras se está fraguando: o abandono de casas e leiras, que traerá consigo a súa extinción. Con todo, os que agora vivimos aquí estamos tranquilos, aínda que temos que estar vixiantes cos ladróns que seguen vir a otear.
Como virá o bo tempo e, con el, moitos dos que estades fóra e tedes aquí parte das vosas raíces, vinde, vinde todos! Hai sitio, e Piño merece ser percorrido polos seus camiños e sendeiros. Merece ser contemplado, especialmente na primavera.